Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Como unha pintura irémonos borrando

Contemplo impotente
este Olimpo de deuses mortos,
de inexistentes paraísos artificiais,
e esta tos profunda que me hostiga
ao mirar o ceo encalado
da miña amarela habitación de nicotina,
e esta sucia camisa branca da miña depresión profunda,
e este insistente suor
e o teu brumoso recordo,
e a tristeza dos meus ollos
mirando nos teus ollos,
e a túa mirada ausente.

Cultivo no meu xardín
doloridas rosas vermellas
que adornan o teu recordo,
e aínda che sento flotar nel
nas longas noites baixo o ceo,
e oio a túa voz
percorrendo o labirinto dos setos,
e creo que inevitablemente,
aínda che quero.

¿La realidad existe?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009