Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

A rutina é o estúpido camiño cara á felicidade ignorante

O 2003 foi un bo ano.
foi intenso.
foi triste e alegre.
Tívoo todo.
estivo equilibrado.
cambiei moito.
vin como son algunhas persoas que cría que eran diferentes.
coñecín a moitas outras persoas.
vin que non hai por que non confiar na xente.
Si, xa sei que é un risco, pero... ¿que é a vida senón un risco continuo?
Prefiro vivir na intensidade: aínda que esa intensidade puidese depararme momentos dolorosos.
Creo que é un ano que nunca esquecerei.
É moi especial.
Non me arrepinto de case nada: non cambiaría case nada.
Todo o que dixen e fixen tivo as súas consecuencias.
As consecuencias valeron a pena.
Estou, por fin, orgullosa.
Xa non sé nin de que.
Aprendín a non arrepentirme, supoño que será iso.
A última lección do 2003 aprendina (ou quixen aprendela) hai pouco.
Deime conta de que a frase O tempo non che dá nada é real.
O tempo non me dá nada.
Es ti mesmo.
Ti tes nas túas mans o poder de intentar ser feliz ou non.
Ti decides.
É fácil.
Podes arranxar as cousas ou non.
Intentalo ou non.
Pero pensar que o tempo vai arranxar algo... non.
Actúa, que para algo existes.
Intenta! E non teñas medo das consecuencias.
É todo tan pequeno que é absurdo ter medo.

Grazas a todo-los que este ano interferiron dalgún xeito na miña vida: sexa dun xeito bo ou mala.
Grazas, porque o que fixestes provocou algo en min que fixo que progresasen outras cousas.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009