Sería unha trampa...

Queimo os meus beizos cun feitizo e saboreado cigarro, coas miñas uñas fágome feridas na cabeza e o sangue morno corre polas miñas tempas ata depositarse nos meus beizos.
O sabor é estraño.
Sabe a crime, a trampa, a labazada ferinte.
De lonxe véselle vir vestido de negro e coa camiñada algo desequilibrada.
Achégase.
Non me ve.
Só podo recoñecer os seus beizos e os seus dentes amoratados polo festín da noite anterior e da mañá seguinte.
Acariño o seu corpo á distancia.
Regálame unha mirada pero non sabe que estou aquí.
Estou fronte a él e parece que a súa vista esta cegada polo esquecemento dividido.
Quero bicalo.
Bicalo como en épocas de outrora, pero non podo. Como el diría: "seria unha trampa..."
Kamasutra

Comentarios (0) - Referencias (0)